15/12/2015

Con bastante retraso pero....xa está aquí:

O vídeo que realizou o profe de Música Seso Durán no IV Encontro de alumnos de Música de Secundaria, ó que asistimos o pasado maio no Parque da Canuda, en Salvaterra de Miño.
Moi gratos recordos!!! Música e convivencia!!

Recordade que había compañeiros de varios IES de Galicia e que os estupendos anfitrións foron os alumnos do IES de Salvaterra que tamén fixeron o precioso cartel do Encontro.

28/11/2015

De novo un percorrido pola Historia da Música nas voces dos Pentatonix, xa coñecidos na aula polos alumnos de 3º ESO:


A Historia da Música contada en 7 minutos


27/11/2015

Déixovos a información sobre o concerto do próximo día 29 de novembro ó que asistiremos algúns de nós:

https://es.hightail.com/e?phi_action=app/orchestrateDownload&batch_id=bXBZc2ZJYXl1Yk9HR3NUQw

Asistiremos á estrea de catro obras compostas por catro compositores de  diferentes procedencias:
-NATALIA PROKOPENKO (Rusia, 1985) Alcor* (2015)
 -PABLO GALAZ (Chile) Nova obra* (2015)
-ARASH YAZDANI (Iran) Transmittance* (2015)
-EDGAR BARROSO (Mexico, 1977) Metzli*** (2015)


Neste concerto, organizado pooo colectivo VERTIXE SONORA, qu e recibe o nome de METZLI , lúa en náhuatl, se presentan 5 estreas mundiais de compositores de México, Chile, Colombia, Irán e Rusia que sitúan a Vigo no epicentro da música de vangarda internacional.

Espero que disfrutedes da experiencia!!


02/11/2015

Como sabedes, estamos estudando como os compositores de distintas épocas e en diferentes contextos veñen utilizando músicas moi antigas como o Dies Irae (secuencia gregoriana do século XIII). Aquí podedes escoitar algúns exemplos que comentamos na clase. Este Dies Irae tan adecuado para estes días do ano que en moitas culturas dedicamos ó recordo dos defuntos, visítanse os camposantos, e demais celebracións mais lúdicas como o Halloween.

A Danza Macabra (1838) para piano e orquesta do compositor Franz Liszt
Comezo da película de Stanley Kubrick "O Resplandor", baseada nunha novela de Stephen King. O autor da música, Wendy Carlos, tamén decidiu incluir a música do Dies Irae
O Dies Irae nas bandas sonoras: Star wars, O Rei León etc

O Dies Irae na Sinfonía Fantástica (1830) de Berlioz. Recordade que comentamos na clase como na arte conviven a tradición e a contemporaneidade (elementos xa existentes con novos enfoques innovadores).
Aquí o Dies Irae, peza gregoriana do século XIII, que escoitamos na clase.

28/10/2015

Ola tod@s,

un curso mais que vos damos a benvida dende o departamento de Música.
Esperamos aprender moito xuntos con paixón e traballo.
Que as musas non se esquenzan de nós e moitos ánimos para o novo curso!!
Que a "forza" e a música nos acompañen!!
Moita Música para tod@s!!


22/02/2015

Inverno
Outono
Verán !!
Concerto para violín e orquesta de corda "A Primavera"de "As Catro Estacións " de A. Vivaldi
Aria da Suite para orquesta nº 3, en Re Maior, composta por J.S.Bach
Canon para tres violíns e baixo continuo, composto por Johann Pachelbel en torno a 1680.
Henryk Szeryng interpreta a Chaconne en Re menor, último movemento da Partita nº 2 para violín solo, composta por J. S. Bach.
"O Silencio antes de Bach", curiosa curtametraxe baseada nesta de peza do Barroco.


Preludio da Suite nº 1 para violonchelo solo, interpretado por Yo-Yo Ma

18/02/2015

Aria de Cleopatra: Piangero la sorte mia

Aria de Cleopatra "Piangero la sorte mia"; nos momentos iniciais do vídeo podedes apreciar un fragmento de recitativo, ó que segue esta fabulosa aria. Recordade que a súa forma é ABA' (aria da capo); pertence á ópera "Giului Cesare" de Haendel. Preparade o voso comentario, ánimo!!

Farinelli, il castrato

Secuencia da película de Gerard Corbiau "Farinelli, il castrato" na que o protagonista, no papel de Rinaldo, interpreta a aria "Lascia chio pianga" pertencente á ópera "Rinaldo" de Haendel. Vai preparando o teu comentario axudándote das explicacións das clases e dos apuntamentos.