15/12/2015

Con bastante retraso pero....xa está aquí:

O vídeo que realizou o profe de Música Seso Durán no IV Encontro de alumnos de Música de Secundaria, ó que asistimos o pasado maio no Parque da Canuda, en Salvaterra de Miño.
Moi gratos recordos!!! Música e convivencia!!

Recordade que había compañeiros de varios IES de Galicia e que os estupendos anfitrións foron os alumnos do IES de Salvaterra que tamén fixeron o precioso cartel do Encontro.

28/11/2015

De novo un percorrido pola Historia da Música nas voces dos Pentatonix, xa coñecidos na aula polos alumnos de 3º ESO:


A Historia da Música contada en 7 minutos


27/11/2015

Déixovos a información sobre o concerto do próximo día 29 de novembro ó que asistiremos algúns de nós:

https://es.hightail.com/e?phi_action=app/orchestrateDownload&batch_id=bXBZc2ZJYXl1Yk9HR3NUQw

Asistiremos á estrea de catro obras compostas por catro compositores de  diferentes procedencias:
-NATALIA PROKOPENKO (Rusia, 1985) Alcor* (2015)
 -PABLO GALAZ (Chile) Nova obra* (2015)
-ARASH YAZDANI (Iran) Transmittance* (2015)
-EDGAR BARROSO (Mexico, 1977) Metzli*** (2015)


Neste concerto, organizado pooo colectivo VERTIXE SONORA, qu e recibe o nome de METZLI , lúa en náhuatl, se presentan 5 estreas mundiais de compositores de México, Chile, Colombia, Irán e Rusia que sitúan a Vigo no epicentro da música de vangarda internacional.

Espero que disfrutedes da experiencia!!


02/11/2015

Como sabedes, estamos estudando como os compositores de distintas épocas e en diferentes contextos veñen utilizando músicas moi antigas como o Dies Irae (secuencia gregoriana do século XIII). Aquí podedes escoitar algúns exemplos que comentamos na clase. Este Dies Irae tan adecuado para estes días do ano que en moitas culturas dedicamos ó recordo dos defuntos, visítanse os camposantos, e demais celebracións mais lúdicas como o Halloween.

A Danza Macabra (1838) para piano e orquesta do compositor Franz Liszt
Comezo da película de Stanley Kubrick "O Resplandor", baseada nunha novela de Stephen King. O autor da música, Wendy Carlos, tamén decidiu incluir a música do Dies Irae